O Concello do Grove pon en marcha un novo Camiño Escolar en San Vicente
Fecha: 2017-12-04
O Camiño foi estreado a mañá do venres por case todos os alumnos e alumnas do CEIP As Bizocas.
Todos os rapaces e rapazas das Bizocas (excepto infantil) percorreron a mañá do venres 1 de decembro o novo Camiño de Cavernales. Ás 11.00 horas saíron do centro educativo para percorrer o novo camiño aberto polo Concello, que parte dun tramo inicial xa existente, pero que tivo que completarse limpando maleza e silveiras. Este novo tramo conecta con outro preexistente que remata na Casa de Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente.
O camiño de Cavernales facilita que os rapaces e os pais e nais poidan comunicarse desde a zona da Casa da Cultura co colexio sen teren que transitar por estradas comarcais e, polo tanto, máis perigosas para os peóns. Esta nova apertura enmárcase dentro do Plan de Camiños do Rural do Concello do Grove e, dun xeito máis concreto, este camiño xunto co o da do Vello presentado nas pasadas semanas foi financiado cun programa da AGADER e a Xunta de Galicia. Ademais destes dous, o Concello abriu o de Piñeiróns e ten previstas novas aperturas na zona de Reboredo nos vindeiros meses.