Todas as praias do Grove obteñen a cualificación de ‘excelentes’ para a temporada de baño de 2018
Fecha: 2017-12-04
Sanidade confirma a boa calidade da auga nos areais do Grove.
A Consellería de Sanidade acaba de confirmar a clasificación sanitaria das zonas de baño de todas as praias de Galicia. No referido ao Grove, e tal e como consta na web informativa deste organismo, a totalidade dos areais marcados como zonas de baño (21) foron cualificados de “excelentes”.
Segundo informan desde a Xefatura Territorial de Sanidade de Pontevedra, esta clasificación será válida durante a temporada de baño de 2018, comprendida dende o 1 de xuño e o 30 de setembro dese ano. Deste xeito O Grove volve a renovar a cualificación máxima nas súas augas e, polo tanto, volve a confirmar a calidade das súas praias, feito que, xunto cos servizos prestados nestas, convértenas en referencia en canto á calidade e ao coidado medioambiental.