A nosa web, a máis valorada
Fecha: 2010-08-31
Segundo unha enquisa feita polos administradores do portal www.cambadosweb.net para valorar o contido e a funcionalidade das páxinas web oficiais dos concellos da comarca, a nosa páxina acada o primeiro posto cunha puntuación media dun 7,75, coa que supera a concellos como Sanxenxo, Vilagarcía, Cambados ou Ribadumia.
Obtivemos un 10 en aspecto visual e en accesibilidade, un 8 en información e un 3 en interactividade.
Grazas a todas e a todos. Seguiremos traballando para mellorar.