Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Francisco Carrillo gaña a o V Concurso de pintura Ernesto Goday

Fecha: 2018-01-15

O venres 22 de decembro xuntouse o Xurado nomeado polo Concello do Grove, para ditaminar o gañador/a do “V Concurso de Pintura Ernesto Goday”.

O Xurado, formado por José María Barreiro, José Ángel Rodríguez López (Gogue) e Carlos Álvarez Besada, despois de deliberar, acordou declarar, por unanimidade, como gañadora da presente edición a obra presentada baixo o título Sardinas, óleo sobre lenzo pegado a táboa de 140 x 120. O autor da obra gañadora resultou ser  Francisco de Asís Carrillo Rodríguez, de Jaen

Así mesmo, o Xurado quixo destacar a grande calidade das obras presentadas a esta V Edición do Premio, o que dificultou a selección da obra gañadora.

Por ese motivo consideraron que, pola súa calidade, merecen unha mención especial as obras finalistas:

  • Praia de Confín de Raúl Gil Rodríguez (San Adrián-Navarra) coa técnica mixta sobre táboa e 150 x 60 cm
  • En dique seco de Jesús Costa Beiro (Sant Antonio de Vilamajor – Barcelona) coa técnica Acrílico e 130 x 97 cm
  • Peirao do Grove de Manuel Carballeira Rivas (Valdoviñas- Ferrol) coa técnica Óleo sobre lenzo e 90 x 130 cm
  • Tardes de verano de José Manuel Albarrán Pino (Bollullos del Condado- Huelva) coa técnica mixta sobre tea e 150 x 130 cm