Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove oferta un novo curso de cociña para mozos e mozas

Fecha: 2018-01-25

 

A boa acollida destas actividades leva a poñer en marcha unha nova oferta de cursos de cociña que se iniciará en febreiro.

 

O Concello do Grove abre o prazo de inscrición para un curso de cociña que nesta ocasión leva por título Partindo de Cero. As persoas interesadas en participar poderán anotarse na Oficina Municipal de Información Xuvenil, situada no 2º andar do edificio administrativo.

 

O curso impartirase no centro vacacional da Lanzada a partir do tres de febreiro e está dirixido a dous grupos de idade. Para rapaces e rapazas de entre 12 e 20 anos, que asistirán os sábados en horario de 11.00 a 13.00 horas, e para maiores de 20 anos (con prioridade para mozos e mozas de 20 a 35 anos ) que asistirán os sábados de 18.00 a 20.00 horas.

 

O curso é gratuíto e será impartido polo cociñeiro Jacobo Garrido. Para comezar o propio día 3 contarse cunha xornada especial dedicada a doces de Entroido.