Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha o dispositivo de seguridade e limpeza para as Festas do Entroido 2018

Fecha: 2018-01-30

A reunión de seguridade celebrada o luns 29 no Concello confirma os operativos realizados durante os dez días da Festa

 

O Grove, 29 de xaneiro de 2018.- O luns 29 pola mañá tivo lugar no concello a reunión de coordinación de seguridade e limpeza para o Entroido 2018 no Grove. A policía local, emerxencias, servizo de limpeza e operarios municipais estarán traballando a pleno rendemento para que, como en anos anteriores, estas celebracións transcorran sen incidentes e garantindo os servizos a todos os veciños e veciñas e visitantes.

 

O operativo comezará o xoves 8 de febreiro, día no que comeza a montaxe do festival de comparsas e no que se iniciarán os dispositivos de cortes de rúas e control do tráfico. O Concello do Grove informará puntualmente no plan establecido pola policía local, xa que o venres 9, sábado 10, domingo 11 e martes 13 produciranse cortes e cambios de dirección relacionados con distintos eventos e celebracións previstos no programa.

 

Especial importancia ten o esforzo realizado polos servizos de limpeza do Grove, que realizarán horarios especiais e reforzarán as xornadas para garantir o bo estado do conxunto da vila e, en especial, as zonas onde se desenvolverán os principais eventos (Monte da Vila,  Rúa Castelao e Praza do Corgo, onde se ubica a carpa de Entroido)

 

No relativo á seguridade, os servizos de Emerxencias e Policía Local teñen deseñado un plan específico para o Festival de Comparsas, onde se terá especial presenza na contorno do Pavillón de Deportes e se realizarán controles exhaustivos para garantir a limitación do aforo. Tamén para o desfile do martes de Entroido se teñen revisado exhaustivamente as bases de participación para que, especialmente as carrozas, cumpran coas correspondentes medidas de seguridade durante o concurso. A Policía Local contará con patrullas nocturnas nos festivos principais e Emerxencias colaborará no control interior de varios eventos.

 

O Concello do Grove ten como referencia o impecable desenvolvemento do Entroido 2017 no que a colaboración do persoal e corpos de seguridade municipais fixo que a Festa fora unha das mellores dos últimos anos e búscase que o 2018 transcorra do mesmo xeito.