Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove aproba as bases das subvencións de dinamización de actividades comerciais e de promoción turística

Fecha: 2018-01-30

As axudas convocadas dótanse de 6.000 euros para proxectos emprendidos por asociacións ou entidades privadas

 

O Grove, 29 de xaneiro de 2018. A Xunta de Goberno Local reunida esta mañá aprobou as bases de subvencións para a dinamización e promoción comercial, de hostalería e turismo dirixida a actividades que se realicen durante todo o ano 2018. Estas axudas xa foron convocadas por primeira vez o pasado ano e nesta ocasión adiántase a súa publicación para garantir que a resolución das axudas poida realizarase de xeito previo.

 

A finalidade destas axudas é dotar dun sistema transparente e obxectivo á concesión de axudas económicas a asociacións e entidades privadas para a organización, celebración ou posta en marcha de iniciativas de dinamización no eido do turismo, o comercio e a hostalería. Deste xeito créase un baremo claro e con sistemas de control para que os fondos facilitados non sexan aportados – como sucedeu durante os anos anteriores – de xeito arbitrario e sen ningún tipo de control. Ao igual que sucede coa Asociacións Culturais e as Deportivas, téñense eliminado as axudas de carácter nominativo sendo substituídos por sistemas de concorrencia competitiva que evitan posibles distorsións no sistema de xestión dos recursos públicos.

 

As bases aprobadas seguen, polo tanto, as plantexadas na convocatoria anterior observando pequenos cambios derivados dos problemas detectados na súa aplicación. Deste xeito entre as actividades que se financiarán están as feiras, mercados, concursos e festas, ampliando así o tipo de proxectos posibles. Tamén se reduce o número de empresas necesarias para poder presentar un proxecto colectivo, pasando de 5 a 3.

 

Poderán participar nestas axudas as asociacións empresarias e comerciais legalmente constituídas e inscritas no rexistro de asociacións municipais ou os conxuntos de empresas ou comercios que se unan puntualmente para a posta en marcha dunha iniciativa deste tipo. As axudas outorgadas poden chegar a un máximo de 3.000 euros por solicitante e tense habilitado unha partida de 6.000 euros para o ano 2018. Debe terse en conta que esta axuda estaba dotada con 8.000 euros na convocatoria de 2017 e só foron presentados dous proxectos por parte da Asociación Emgrobes (Grobus e Desembarco Pirata) que percibiron 1.500 euros respectivamente.

 

O prazo de solicitude iniciarase no momento que estas axudas sexan convocadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) e disporase dun mes dende esa data para que se presenten os proxectos que queiran participar. Dende o Concello do Grove agárdase que sexan máis os participantes nesta edición xa que se trata de actividades de interese social e económico e valórase moi positivamente que poidan permitir poñer en marcha novas iniciativas deste tipo nas que a iniciativa privada resulta de moito interese.

 

Bases