O Concello do Grove participa na presentación conxunta das Festas de Interese Turístico da provincia
Fecha: 2018-02-05
No acto organizado pola Deputación de Pontevedra o alcalde do Grove explicou as peculiaridades dunha das Festas máis importantes da provincia.
O Grove, 5 de febreiro de 2018. A Deputación de Pontevedra presentou hoxe no Palacete Mendoza, sede de Turismo Rías Baixas, unha das liñas fundamentais do plan estratéxico de turismo provincial: as Festas de Interese Turístico. Deste xeito presentáronse os nove eventos que contan coa cualificación de Festa de interese turístico nacional (5) e de interese turístico internacional (4). Na presentación participaron os Alcaldes, alcaldesas e concelleiros e concelleiras de turismo das localidades responsables de organizar estas Festas, que puideron intervir para destacar perante os medios as peculiaridades de cada celebración.
No referido ao Concello do Grove o seu alcalde, Jose Cacabelos, incidiu nos esforzos realizados dende o municipio para atender a un dos “eventos de referencia na provincia durante o outono”. Ademais diso tamén destacou as melloras conseguidas no referido á calidade de trazabilidade dos produtos ofrecidos e na existencia dun festival de música asociado ao evento que permite facer que este resulte atractivo para todo tipo de públicos.
Durante a presentación comezouse coa distribución de material promocional do evento e convidouse a todo o público a asistir á Festa do Marisco entre o 4 e 14 de outubro deste ano. A promoción das Festas de Interese Turístico de forma conxunta por parte da Deputación de Pontevedra é valorada moi positivamente por parte do Concello do Grove, que conta cun apoio aos esforzos promocionais que realiza individualmente mellorando polo tanto o alcance das súas iniciativas