O Grove prepárase para o Festival de Comparsas máis importante do mundo
Fecha: 2018-02-08
A Policía Local informa dos cortes de tráfico que serán precisos durante a celebración do evento.
O Grove, 8 de febreiro de 2018. O Concello do Grove pon en marcha a partires da mañá, venres, todo o operativo para dar comezo ao Entroido 2018. Dende primeira hora os operarios municipais estarán traballando no pavillón de deportes do Monte da Vila para a montaxe do Festival de Comparsas. Os servizos do Concello instalarán os telóns de fondo, o escenario, gradas e cadeiras que permiten converter este espazo permitindo contar con 1.100 localidades. A partires do mediodía comezará a montaxe dos equipos de son e audiovisuais.
Debido a organización deste importante evento, serán precisas restricións de tráfico na zona. Deste xeito porase en marcha un dispositivo de control por parte da Policía Local que inclúe a prohibición de estacionamento a partires das 8.00 h do venres 9. Tamén se realizarán cortes de tráfico dende as 19.00 h do sábado 10 de febreiro. Para garantir a accesibilidade as rúas colindantes téñense deseñado rutas alternativas, tal e como se plasma no documento adxunto.
Dende o Concello do Grove solicítase a máxima colaboración veciñal para o mellor desenvolvemento do Festival de Comparsas e agradécese a comprensión cos traballos previos que van ser precisos para esta importante montaxe.