Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Policía Local conta con dous novos vehículos de servicio

Fecha: 2018-02-08

Esta novas unidades permiten retirar da flota municipal coches que xa es atopaban en mal estado.

 

O Grove, 8 de febreiro de 2018. O Concello do Grove presentou esta mañá os dous novos vehículos cos que conta a Policía Local. Trátase dun coche de segunda man adquirido co remanente do ano 2016 e un vehículo de renting totalmente equipado. Os novos vehículos melloran notablemente os recursos materiais a disposición do corpo de seguridade local xa que:  contan cun equipamento actual e que atende ás necesidades reais do servizos; supoñen un notable aforro de recursos tanto polo mellor rendemento de consumo como polo feito de que se trata de vehículos novos que non requiren custosos mantementos – como estaba pasando cos vehículos cos que actualmente contaban - e presentan unha mellor imaxe do servizo, algo que resulta importante en calquera localidade pero, máis se cabe, nun pobo turístico.

 

Especialmente importante é a adquisición do vehículo de renting que supón que por unha cota mensual se dispoña dun coche policial de última xeración con todo o mantemento completo incluído, incluso o seguro a todo risco. Este vehículo contará cun kit de emerxencias que incluirá un DESA e melloras tan significativas como luminarias adaptadas á nova normativa, soportes para as ferramentas de traballo da Policía (por exemplo colocación das porras nas portas), cargador de lanternas de seguridade no interior do vehículo, cortinillas de intimidade nas portas traseiras, chalecos anti-balas, asentos reforzados adaptados aos cintos que empregan os municipais, etc.

 

A incorporación destes novos vehículos permite a baixa dunha unidade que se atopaba en moi mal estado e trasladar outra unidade do servizo de patrulla ao servizo de notificación. Lembramos que a Policía Local leva máis de seis anos sen recibir investimentos para os seu vehículos polo que resultaba urxente atender a este problema xa que se estaba traballando con coches de máis de 14 anos. Destácase, ademais, o feito, que este investimento foi realizado sen ter aumentado nin modificado as partidas orzamentarias municipais destinadas á Policía Local, o que supón un exemplo de optimización de boa xestión dos recursos.