O Concello do Grove súmase ás reivindicacións dos dereitos das mulleres
Fecha: 2018-02-21
O Concello estará presente nos actos e protestas promovidos en distintos puntos da comunidade e porá á disposición dos veciños e veciñas o transporte para asistir á manifestación do 4 de marzo.
O Concello do Grove mantén a súa colaboración coas actividades previstas en toda Galicia en torno ao 8 de marzo. Ademais da programación posta en marcha na localidade para reivindicar os dereitos das mulleres, desde o Concello habilitouse un autobús para que as persoas interesadas poidan asistir á manifestación convocada o vindeiro 4 de marzo en Vigo.
Para poder asistir tan só será preciso apuntarse a través do Centro de Información ás Mulleres (CIM). O autobús sairá ás 10.00 horas desde a estación con regreso previsto ás 14.45 horas. Deste xeito o Concello non só quere estar presente nas accións concretas, senón apoiar a folga xeral de mulleres convocada para o 8 de marzo, ademais de manter información permanente ás veciñanza sobre estas reivindicacións.