O Concello do Grove saca a concurso bancadas do mercado municipal
Fecha: 2018-02-21
Un total de 10 bancadas póñense á disposición das persoas interesadas, que poderán solicitalas a partir da publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia.
Segundo o acordo aprobado no Pleno do mes de xaneiro, a licitación das bancadas e postos do mercado municipal é realizada pola Xunta de Goberno Local para permitir unha maior celeridade nestes procesos que son relativamente habituais. Deste xeito, a Xunta de Goberno do pasado luns aprobou a primeira licitación de postos por este sistema. En concreto son 10 bancadas das cales 8 corresponden á zona de verduras e outros produtos, mentres que 2 se sitúan na zona de peixe e marisco.
O procedemento iniciado deberá ser publicado no BOP nos vindeiros días e a información completa sobre o este tamén estará dispoñible no “Perfil do contratante” da páxina web do Concello do Grove. As bancadas dispoñibles son a 1, 5, 9, 10, 15, 20, 22 e 23 da zona de verduras e outros produtos, e a 7 e 21 da zona de peixes.