Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Concellería de Igualdade e Benestar presenta as actividades para todo o ano

Fecha: 2010-09-03

 

Esta mañá presentouse o programa de actividades que a Concellería de Igualdade e Benestar levará a cabo todo o ano. Entre as actividades máis destacadas está a ximnasia e a ioga, en que participan decenas de persoas.

 

A partir do luns empezarán as clases de ximnasia, que serán no pavillón municipal do Monte da Vila para as persoas maiores, e no pavillón do colexio Rosalía de Castro para as mulleres.

 

O mesmo día comezarán as clases de ioga para a relaxación e a mellora da calidade de vida e o benestar das nosas persoas maiores. Estas desenvolveranse no centro Ajñâ, no número 25 da rúa das Bouzas.

 

O primeiro tenente de alcalde, Carlos Álvarez, destacou que este ano continuará a actividade na piscina no hotel Louxo, grazas á colaboración coa dirección deste centro hoteleiro. Este ano poderase acoller máis cantidade de persoas, así como gozar do seu centro SPA.

 

O prazo de inscrición comezará o 15 de setembro no Edificio de Usos Múltiples (Casa Azul).

Horario e lugar das actividades:

 

Para mulleres:

Ioga. Luns, martes, mércores e xoves

            09.00–10.30 h

            11.00–22.30 h

No centro Ajñâ, rúa das Bouzas, 25

 

Ximnasia. Luns e mércores (no pavillón do colexio Rosalía)

            19.45–21.00 h

            21.00–22.30 h

            Martes e xoves (pavillón municipal dos deportes)

            10.15–11.15 h

 

Para maiores

Ximnasia. Martes e xoves

            09.15–10.15 h         

No pavillón municipal dos deportes

 

Piscina. Luns e mércores

            09.15–10.15 h

Na piscina do hotel Louxo

 

 

Por outra banda, o primeiro tenente alcalde tamén anunciou que a Concellería de Xuventude e Emprego porá en marcha unha serie de actividades para estes meses, como un curso de maquillaxe e estética e outros dos que terán información na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada na Casa Azul. Ademais, esta mesma concellería ofertará, dentro da programación Festa de San Martiño deste ano, unha actuación de monicreques dirixida aos máis cativos da casa.

 

Alén diso, Álvarez anunciou que a OMIX do Concello abrirá tamén as portas as tardes dos mércores  e dos xoves para ofrecerlle un mellor servizo á mocidade da vila, “xa que no inverno están estudando polas mañás e apenas poden aproveitar o servizo”. Así pois, o horario de apertura ao público da OMIX será: de 9.00 a 15.00 h, todos os días, e os mércores e xoves tamén de 16.30 a 19.30 h.