O Concello do Grove convoca a veciñanza de San Vicente a unha nova reunión sobre o PXOM
Fecha: 2018-03-05
Este luns ás 20.30 horas na Casa da Cultura Ángel Vázquez Hereder de San Vicente.
O Concello do Grove convoca de novo as veciñas e veciños do Grove para seguir avanzando na elaboración do PXOM definitivo. O vindeiro luns, 5 de marzo, ás 20.30 horas terá lugar unha sesión informativa relativa ás zonas de San Vicente, Pereiriña e Outeiro, nas que se expoñerán os planos relativos a eses lugares logo de recoller as propostas realizadas nas dúas reunións anteriores.
Lembramos que os planos de todas as zonas da localidade xa foron expostos nunha primeira volta a todos os veciños e veciñas da localidade nas reunións abertas. A partir de entón procedeuse a unha nova volta de reunións que se está completando pouco a pouco e que permitirá valorar se os cambios, consideracións e comentarios propostos foron recollidos de xeito adecuado.