Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Convocadas as probas para obter os Celga 2018

Fecha: 2018-03-15

Serán a derradeira fin de semana de maio e a primeira de xuño.

Este ano o importe correspondente á inscrición nas probas é de 15,93 euros.

 

O Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do Concello do Grove informa de que no DOG de antonte martes 13 de marzo, a Xunta de Galicia publicou a Resolución do 6 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pola que se convocan as probas para a obtención dos certificados de lingua galega, niveis Celga 1, 2, 3 e 4, no ano 2018 (procedemento ED114A).

 

O prazo de inscrición nestes exames, que se realizarán os días 26 e 27 de maio (Celga 4 Celga 2, respectivamente) e 2 e 3 de xuño (Celga 3 e Celga 1, respectivamente) en Santiago de Compostela e en Ponferrada (os niveis 2, 3 e 4), está aberto ata o vindeiro 13 de abril. Canda a publicación das listaxes definitivas de persoas admitidas, o departamento fará públicos os espazos e horarios.

 

Cómpre salientar que, aínda a Administración autonómica indica na convocatoria que as solicitudes se presentarán, preferiblemente, por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal (procedemento ED114A), tamén advirte que, opcionalmente, se poderán presentar presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

 

Finalmente, lembramos que o SNL do Grove está a impartir desde o pasado novembro senllos cursos gratuítos de lingua galega preparatorios para os Celga niveis 1 e 2 (os martes e venres de 10.00 a 11.30 h) e para os niveis 3 e 4 (os luns e xoves de 19.30 a 21.00 h). Estas clases, que nun principio ían ser de 70 horas lectivas, van continuar ata as datas dos exames, ante a demanda e a boa acollida do alumnado asistente.