Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Aberto o prazo para DEPOTERMAL 2018

Fecha: 2018-03-22

 

  • Dous programas:

    • Programa de asistencia diaria a balnearios durante cinco días consecutivos

    • Programa termal con pernoctación

       

  • Poderán beneficiarse do plan termal as persoas empadroadas na provincia de Pontevedra que non padezan ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade e que cumpran algún dos seguintes requisitos:

    • Nacer antes do 1 de xaneiro de 1968, (acreditarase cunha fotocopia do DNI ou NIE)

    • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou con posterioridade, ter a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez ou outras pensións (achegarase unha fotocopia do certificado correspondente)

    • No caso de nacer o 1 de xaneiro de 1968 ou nunha data posterior, ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ao 65%, que se acreditará coa tarxeta ou certificado de recoñecemento do grao de discapacidade

    • Precisar dun respiro familiar, o que se acreditará mediante un informe do traballador/a social dos servizos sociais comunitarios básicos.

O prazo de presentación de solicitudes será do 20 de marzo ao 18 de abril, ambos incluídos.

Para máis información: Servizos Sociais Comunitarios Municipais do Concello do Grove (rúa Matadoiro s/n – Lordelo) tlf.: 986 73 33 34