Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Curso de Cociña do Concello achégase á cociña 'de Pascua'

Fecha: 2018-03-26

O alumnado do curso de cociña fará hoxe unha xornada especial para facer roscas.

 

O Curso de Cociña “Partindo de Cero” que desde hai varias semanas se desenvolve os sábados nas instalacións da Deputación de Pontevedra na Lanzada, acaba de organizar unha xornada especial para a elaboración de roscas. Ao longo do día de hoxe as alumnas e os alumnos participantes, que xeralmente traballan en dous grupos (un de 12 a 20 anos os sábados á mañá e outro a partir do 20 os sábados pola tarde) xuntaranse hoxe para elaborar este doce típico da Pascua.

 

Pola mañá, entre 11.00 e 13.00 horas, realizará a masa e as pesadas e, pola tarde, a partir das 16.00 horas, encargaranse de fornear (ata as 20.00 horas, aproximadamente). O profesor, Jacobo Otero, será o encargado de supervisar todo o proceso que, unha vez máis, deixa claro o alto interese existente pola cociña.