Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Chelo Suárez faise co Premio Lueiro deste ano

Fecha: 2010-09-06

A coruñesa Chelo Suárez recibiu con sorpresa e alegría o XVII Premio de Novela Curta Manuel Lueiro Rey pola súa obra As horas rotas. O galardón, dotado con 3 000 euros, decidiuse o pasado sábado na Casa do Concello do Grove.

 

O xurado do certame resaltou que se trata dunha novela ambientada "na guerra civil española, pero no que destaca a poética coa que é tratada desde o punto de vista dunha muller que padece as consecuencias do inicio da guerra civil, vendo como se tronzan as súas esperanzas e ilusións; e desde o punto de vista dun guerrilleiro que entrega a súa vida no que considera unha causa xusta". O escritor e profesor Manuel Quintáns, presidente do xurado, destacou o lirismo e a poética dos puntos de vista dos personaxes da novela.