O Concello do Grove convoca a veciñanza de Ardia e A Graña a unha reunión sobre o PXOM
Fecha: 2018-04-04
O vindeiro xoves ás 20.30 horas no colexio Valle-Inclán.
O Concello do Grove convoca de novo as veciñas e veciños do Grove para seguir avanzando na elaboración do PXOM definitivo. O vindeiro xoves, 5 de abril, ás 20.30 horas, terá lugar unha sesión informativa relativa ás zonas de Ardia (zona rural) e A Graña, na que se expoñerán os planos relativos a eses lugares logo de recoller as propostas realizadas nas dúas reunións anteriores.
Reiteramos que os planos de todas as zonas da localidade xa foron expostos nunha primeira volta a todas as veciñas e veciños da localidade nas reunións abertas. A partir de entón procedeuse a unha nova volta de reunións que se está completando pouco a pouco e que permitirá valorar se os cambios, consideracións e comentarios propostos foron recollidos de xeito adecuado.