Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN DO PLAN CONCELLOS 2018. LIÑA 3 EMPREGO PARA A CONSERVACIÓN E FUNCIONAMENTO DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS

Fecha: 2018-04-18

A Deputación Provincial de Pontevedra, a través da resolución da Xunta de Goberno do día 6 de abril de 2018, resolveu a concesión dunha subvención por un importe total de 180.401,75€ € para a contratación de 21 traballadores desempregados, ao abeiro do Plan Concellos 2018 e correspondente á Liña 3: Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais.

 

 

O Concello do Grove contratará a 21 persoas desempregadas a través do Servizo Público de Emprego, atendendo aos criterios de preferencia establecidos nas Bases da Deputación Provincial, publicada no BOP nº 3, do 3 de xaneiro do 2018.

 

As persoas interesadas en participar nestas ofertas deberán estar inscritos na Oficina de Emprego de Cambados como demandantes de emprego, en situación de desemprego, e na ocupación indicada na seguinte táboa:

 

Postos de traballo

Ocupación

xornada

Duración contrato

10 Peóns de obras públicas  

Peón  de obras públicas  

completa

6 meses

2 Peóns forestais

Peón forestal

completa

6 meses

2 Peón xardinería 

Xardineiro en xeral

completa

6 meses

1 Auxiliar Administrativo

Empregado administrativo en xeral

completa

6 meses

3 Condutores

Condutor de camión en xeral

completa

5 meses

2 Auxiliares de Turismo

Técnico  información turística

completa

5 meses

1 Carpinteiro

Carpinteiro en Xeral

completa

6 meses

 

 

Documento explicativo de cada posto, ocupación e requisitos.