Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca a XXV Edición do Premio de Novela Curta “Manuel Lueiro Rey”

Fecha: 2018-04-20

 

O prazo de presentación de traballos remata o vindeiro 15 de setembro.

 

O Grove, 20 de abril de 2018. Esta semana comezou a distribución da bases da XXV edición do premio novel curta Manuel Lueiro Rey. A convocatoria do premio chegará a concellos, bibliotecas, casas da cultura, institutos de ensinanza secundaria, asociacións de escritores, editoriais e medios de comunicación de toda Galicia, dando a coñecer as condicións para a participación neste prestixioso premio.

 

O Premio Manuel Lueiro Rey é convocado polo Concello do Grove dende o ano 1992 e conta coa colaboración da Deputación de Pontevedra. O obxectivo deste galardón é honrar a vida e a obra do escritor e xornalista e, ao mesmo tempo, contribuír na promoción da escrita en galego e na divulgación do seus autores. O premio está dotado con 3.000 euros e a publicación da obra gañadora será realizada por Edicións Xerais de Galicia.

 

Poderán concorrer a este premio calquera persoa física que presente o seu texto en lingua galega. As bases están dispoñibles na páxina web do Concello do Grove e establecen un prazo límite de presentación dos traballos no 15 de setembro. Os texto terá una extensión mínima de cincuenta páxinas e máxima de cen.

 

O xurado estará composto por cinco persoas, unha delas será o gañador da XXIV edición, Diego Alfonsín Rivero, pola obra “Non o saben as estrelas”, e os outros catro compoñentes serán especialistas en literatura e crítica literaria. O premio único outorgarase por maioría simple de votos dos membros do xurado.