O Concello do Grove anima aos veciños e veciñas a participar na “Pontevedrada”
Fecha: 2018-04-26
A actividade celebrarase o vindeiro sábado, 28 de abril na cidade do Lérez.
O Grove, 25 de abril de 2018. O Concello do Grove anima aos grovenses a participar na Pontevedrada. Trátase dunha marcha nocturna de 63 quilómetros polo Camiño Portugués dende Pontevedra ata Santiago de Compostela que se organiza dende 2011 o último sábado de abril de cada ano. A finalidade desta camiñada é concienciar á poboación da grande importancia que ten a doazón altruísta de sangue, órganos e tecidos.
Para todos aqueles veciños e veciñas que vaian a participar, o Concello agasallará cun chaleco reflectante. Os interesados e interesadas poden pasar a recoller o mesmo no Concello en horario de 11.00 a 14.00 horas sendo tan só necesario presentar a folla de inscrición