Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove acolle as Xornadas Ornitolóxicas organizadas pola Sociedade Galega de Ornitoloxía e SEO-Birdlife

Fecha: 2018-04-27

 

A actividade terá lugar o vindeiro sábado, 5 de maio.

 

Como punto de referencia do ámbito da ornitoloxía a nivel internacional, O Grove tense convertido nun lugar de encontro para os expertos e afeccionados a esta disciplina. A próxima actividade prevista neste ámbito terá lugar o vindeiro sábado, 5 de maio, a partires das 10.00 horas na Sala de Cunchas do Concello. Trátase da Xornada “Aves mariñas reprodutoras de Galicia” organizada gracias a colaboración existente entre a Sociedade Galega de Ornitoloxía, o Grupo Local de Pontevedra de SEO-Birdlife e o propio Concello do Grove.

 

Na Xornada participan os ornitólogos Álvaro Barros e Xurxo Mariño que realizarán un percorrido pola temática específica das aves reprodutoras. María Vidal aportará información relativa á Píllara das Dunas e un representante da Xunta de Galicia informará de actuacións a prol da conservación de aves mariñas ameazadas e os seus hábitats. A xornada rematará cun debate coloquio entre os asistentes que buscará establecer prioridades para a conservación das aves ameazadas na nosa comunidade.