O Grove estrea camión do lixo
Fecha: 2010-09-08
Onte presentouse no Corgo o novo camión do Concello do Grove para a recollida do lixo.
O novo vehículo do servizo de limpeza permitirá duplicar a actual capacidade de recollida de residuos, de 10 a 20 toneladas nun mesmo día, co cal o Concello pretende garantir a recollida de lixo tamén os domingos dos meses de verán na parroquia de San Vicente.
O camión, da marca Renault, conta con 340 cabalos de potencia e custa 190.000 euros, cantidade que se sufragará mediante leasing.