Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove promove Xornadas de Portas Abertas no Museo da Salga

Fecha: 2018-05-18

 

Seguindo a liña marcada para achegar á veciñanza e visitantes o coñecemento das Salgadeiras de Moreiras esta fin de semana, desde o venres ata o domingo, terán lugar unhas xornadas de portas abertas no Museo da Salga.

 

Deste xeito, o Concello faise eco da celebración do Día Internacional dos Museos este vindeiro venres 18 de maio. O tema proposto polo Consello Internacional de Museos este ano é o de “museos interconectados”.

 

Trátase dunha iniciativa que conmemora este día e ao tempo failles un recordatorio a todos aqueles que queiran visitar este espazo museístico que esta fin de semana abrirá en horario de mañá de 10.30 a 13.30 e en horario de tarde de 16.00 a 18.00 h.