Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Museo da Salga amplía o seu horario

Fecha: 2018-05-31

O novo horario permitirá visitar este singular espazo ata as 21.00 horas.

 

En preparación da temporada de verán e para dar atención aos visitantes que se achegan ata a esta zona, o Museo da Salga amplía a partir de mañá o seu horario. Deste xeito o museo poderá visitarse de 10.00 a 15.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de martes a domingo, permanecendo o luns pechado. A ampliación de horarios é posible gracias á incorporación de persoal que permite o Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

Oficina de Turismo

 

A ampliación de horarios e de persoal tamén se aplica a Oficina de Turismo. Logo de que o ano pasado se confirmara como un dos puntos de maior número de visitas de Galicia, continúase co servizo de calidade ofrecido aos turistas que se achegan. A partir de mañá, 1 de xuño, a oficina de información turística permanecerá aberta de 10.00 a 20.00 horas, de luns a sábado, e de 11.00 a 14.00 horas os domingos. En total haberá tres persoas traballando neste servizo, que se ampliarán a partir do mes de xullo.