Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O CIPES pecha ata a Festa do Marisco

Fecha: 2010-09-13

 

Só se atenderán as visitas guiadas que o soliciten con antelación

 

Para realizar traballos no seu interior, destinados a preparar a apertura da nova nave anexa, que se está a restaurar e na que se abrirán ocos que a comuniquen coa actual, e tendo en conta que a salga de Goday, uns metros máis arriba, tamén está en obras de restauración, o Concello do Grove decide pechar temporalmente ao público as instalacións do Centro de Interpretación da Pesca e a Salga (CIPES), atendendo unicamente as visitas guiadas que o solicitasen con antelación.

 

O peche das instalacións será ata finais de setembro, pero recuperarase o horario normalizado de apertura uns días antes do comezo da Festa do Marisco (do 1 ao 12 de outubro), xa que durante a totalidade dos días da celebración gastronómica o CIPES estará á disposición dos visitantes. Logo da Festa do Marisco, e mentres non rematen as obras previstas para a fin deste ano 2010, volverán atenderse unicamente as visitas guiadas, para as que se pode pedir cita no teléfono de información do Concello 986 730 975.