Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove organiza un novo reparto de compost na praza do Corgo

Fecha: 2018-05-31

 

Mañá pola mañá, coincidindo coa feira semanal, as persoas interesadas poderán recoller o compost.

 

Os bos resultados do plan de compostaxe que o Concello do Grove está a levar a cabo co patrocinio da Deputación de Pontevedra permiten volver a organizar un reparto gratuíto de compost. Será mañá, 1 de xuño, a partir das 10.00 horas e ata as 13.30 horas. Lembramos que o compost é un excelente fertilizante natural para as plantas, incluídas as que se coidan no interior das casas.

 

Ademais do reparto de compost, tamén se lles cederán gratuitamente composteiros a todas aquelas persoas que se inscriban no Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra, para incrementar así o número de persoas que melloran a reciclaxe na nosa vila.