Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove convoca as axudas municipais para adquisición de libros e material escolar

Fecha: 2018-06-04

O prazo remata o vindeiro 29 de xuño.

 

O pasado venres abriuse o prazo de solicitude das axudas municipais para a adquisición de libros de texto e material escolar do curso 2018-2019. As axudas están dirixidas a educación infantil, ensino primario e secundario obrigatorio e para a súa concesión téñense en conta o nivel de ingresos, sendo requisito imprescindible residir e estar escolarizado no Grove en centros sostidos con fondos públicos.

 

A documentación deberá entregarse no Rexistro do edificio administrativo antes do 29 de xuño. As persoas interesadas deberán entregar unha fotocopia do DNI, do libro de familia, o empadroamento familiar, un xustificante dos ingresos de todos os membros da unidade de convivencia, o xustificante da matrícula, o contrato ou recibo do alugamento da vivenda ou da hipoteca e calquera outro documento que apoie a petición.