Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove abre o prazo para solicitude de terrazas conforme a actual ordenanza

Fecha: 2018-06-04

 

O prazo remata o vindeiro 20 de xuño. 

 

O Concello do Grove vén de publicar un bando de Alcaldía no que informa as persoas interesadas de que se abre un prazo específico para a solicitude das terrazas que aqueles locais de hostalería queiran facer uso destes espazos ao longo do ano 2018. Quen sexan titulares dos establecementos poderán obter o modelo de solicitude para a mencionada xestión na web do Concello e este debe presentarse no Rexistro municipal.

 

O prazo de presentación abriuse o 1 de xuño e rematará o vindeiro 20 deste mesmo mes. Lémbrase que as terrazas deberán axustarse totalmente á normativa actual logo da súa entrada definitiva en vigor e que a concesión da terraza en anos anteriores non está vixente. Deste xeito resulta especialmente importante o axuste aos espazos establecidos de ocupación como a adecuación do mobiliario a esta. A solicitude de terraza non supón a súa concesión directa, xa que esta ten que ser validada polo Concello logo da comprobación da súa viabilidade e do cumprimento das normas.

 

Unha vez rematado o período de solicitude, contarase cun censo actualizado das terrazas que permitirá a súa inspección rigorosa. Do mesmo xeito, a instalación dunha terraza sen a preceptiva licenza municipal suporá non só a súa retirada, senón a apertura do correspondente expediente sancionador.