Seminario de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais
Fecha: 2010-09-14

Nos actuais tempos, con grandes dificultades para atopar un emprego por conta allea, pode ser interesante valorar a posibilidade de iniciar unha actividade por conta propia. O presente curso explora e analiza os elementos que temos que ter en conta cando queremos iniciar un proxecto empresarial.
Anímate e participa, seguro que obtés unha visión diferente dun proxecto empresarial.
Seminario de Xeración e Maduración de Ideas Empresariais
Datas: xoves 21, 28 de outubro e 11 de novembro de 2010
Horario: 16.00-20.00 h
Organiza: Concello do Grove en colaboracion co Igape, BIC Galicia e o Fondo Social Europeo
Prazo de inscrición: ata o 7 de outubro
Atención, PRAZAS LIMITADAS!
Máis información e inscrición:
Axencia de Desenvolvemento Local
Concello do Grove
R/Castelao, 173 baixo
36980 O Grove
Tlf.: 986 730 609