Cinemas de Galicia pecha a súa temporada de primavera con ‘O autor’
Fecha: 2018-06-22
Este domingo ás 20.00 horas terá lugar a última proxección deste programa ata o próximo outono.
A programación de primavera de Cinemas de Galicia chega á súa fin esta fin de semana coa proxección do filme El autor, protagonizada polo actor galego Javier Gutierrez e dirixida por Manuel Martín Cuenca. A entrada é ao prezo habitual de tres euros e película comezará ás 20.00 horas do domingo 24 de xuño na Casa da Cultural Manuel Lueiro Rey.
O Grove leva tres anos participando no programa Cinemas de Galicia, auspiciado pola Axencia Galega de Industrias Culturais (Agadic), que ten como finalidade achegar o cinema galego e europeo a aquelas localidades onde non existen salas de cine. A programación de Cinemas de Galicia retomarase xa no outono dentro da programación da Carpa institucional.