Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove informa do peche da Rúa da Praza entre o luns e venres da semana próxima para o seu asfaltado

Fecha: 2018-06-22

Deste xeito remátase a humanización desta rúa na que se acometeu un cambio completo de servizos.

 

O Concello do Grove informa de que o vindeiro luns, 25 de xuño, se vai pechar a Rúa da Praza para acometer o asfaltado que quedaba pendente dentro da mellora desta vía. Ao igual que se fixo durante as obras desenvoltas ata o de agora, o peche farase por tramos, para permitir que a veciñanza de vivendas e garaxes desta zona teña, dentro do posible, fácil acceso. A vía permanecerá pechada entre o luns e o venres da próxima semana.

 

Ademais do fresado e asfaltado, nestas obras está prevista a creación dun lombo na zona da Praza de Arriba para a pacificación do tráfico nese espazo. Deste xeito a praza quedará nivelada cunha plataforma que a unirá coa outra beirarrúa, con prioridade peonil.