Últimos días para inscribirse na bolsa de emprego da Festa do Marisco
Fecha: 2018-06-25
O prazo remata o vindeiro venres, 29 de xuño.
O Concello do Grove informa de que esta semana remata o prazo para inscribirse na bolsa de emprego da Festa do Marisco. Lembramos que esta é a única vía de contratación para poder traballar durante a celebración deste evento e que, ademais, este ano se incorporaron dúas novas categorías (limpeza e xestión de aparcadoiro), polo que as persoas interesadas en traballar nesas áreas tamén deberán estar inscritas nesta convocatoria.
De igual xeito reitérase que esta bolsa ten unha validez anual, polo que as persoas que se inscribisen o pasado ano deberán volver a facelo se seguen interesadas en traballar nesta edición.