O Concello do Grove retoma as sesións de Zumba na praia
Fecha: 2018-07-06
A partires desta semana a praia da Lanzada volverá a contar con zumba en horario de tarde dous días á semana.
O Grove, 4 de xullo de 2018. Dentro dos servizos que o Concello do Grove presta nas praias, a praia da Lanzada contará, outro ano máis, con sesións gratuítas de zumba. As mesmas terán lugar na zona habitual da praia (entre o Sanatorio e o aparcadoiro central) dous días á semana, martes e xoves, en horario de 18.00 a 19.00 horas.
O Concello do Grove ofrece este servizo con carácter gratuíto para contribuír á dinamización dun dos puntos máis visitados da península meca ao tempo que incide no seu obxectivo de loitar pola vida saudable mediante a práctica do deporte. Agárdase que, ao igual que sucedeu o pasado ano, estas sesións conten con numeroso público.