Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove publica as contas da Festa do Marisco 2017

Fecha: 2018-07-11

 

Seguindo co compromiso de transparencia desde o ano 2015, as contas está dispoñibles na web municipal.

 

O Concello do Grove acaba de facer públicas, a través da súa web municipal (no apartado relativo a Transparencia), as contas da Festa do Marisco do ano 2017. Logo de que estas foran presentadas ao Consello Local de Turismo sen que suscitasen ningunha consulta, faise público o seu contido para que todos os veciños e veciñas do Grove poidan coñecelas.

 

Lembramos que a Festa do Marisco do Grove supón un desembolso de máis de 600.000 euros das arcas municipais, o que supón un 3% dos orzamentos totais do Concello. Trátase, polo tanto, dun dos eventos de promoción turística máis grandes de Galicia e, sen dúbida, un esforzo sen igual noutros concellos do mesmo tamaño que O Grove. A maior parte dos gastos concéntranse na compra de produto local, aínda que tamén é moi importante nos últimos anos o esforzo económico dedicado ao festival de música “Os Concertos do Marisco”, que supón un atractivo crucial para o evento.