Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove solicita a colaboración de voluntarios e voluntarias para o DepoDesafío

Fecha: 2018-08-08

 

A proba celebrarase o vindeiro domingo.

 

O Grove acolle este domingo unha das probas deportivas organizadas pola Deputación de Pontevedra dentro do desenvolvemento do plan estratéxico de deporte que ten deseñado o ente provincial. Logo da celebración dunha carreira a pé no Rosal no mes de xullo, o Grove acolle este domingo 12 de agosto a partir das 17.00 horas unha proba de natación que sairá da praia de Peralto e que percorrerá 1.200 metros.

 

Para participar nesta actividade tan só se require ser maior de 18 anos e ter traxe de baño ou neopreno, xa que o gorro de natación é proporcionado pola organización. As inscricións están abertas a través da Deputación de Pontevedra. Para o desenvolvemento da proba o Concello do Grove solicita a colaboración de voluntarios e voluntarias. Aquelas persoas que queiran botar unha man no desenvolvemento desta actividade tan só teñen que poñerse en contacto co Servizo de Deportes do Concello no teléfono 607 112 333. Como compensación recibirán unha camiseta e unha mochila.