Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Grove acollerá o 14 de agosto unha xornada de divulgación astronómica na Illa da Toxa

Fecha: 2018-08-08

 

A actividade realízase en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela.

 

O vindeiro martes, 14 de agosto, terá lugar na Illa da Toxa unha actividade de divulgación científica centrada na observación astronómica. Trátase do programa “Todocosmos” que conta coa financiamento da Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía (FECYT), dependente do Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

 

A actividade é gratuíta e pública que terá lugar, máis concretamente, na Punta Serrón, nas proximidades do porto deportivo da illa e da zona da piscina a partir das 22.00 horas. Pode participar calquera persoa interesada e será o persoal do programa o que facilite os materiais e as instrucións para poder realizar a observación.

 

Esta xornada é unha proposta consolidada en Galicia logo de cinco anos consecutivos da súa celebración en distintas vilas da comunidade. Inda que é a primeira vez que se celebra no Grove, no ano 2015 xa ten recibido por parte do FECYT a consideración de “Práctica Innovadora en Cultura Científica”, polo que resulta unha grande oportunidade contar con ela na localidade.