Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Xunta de Galicia continúa freando o Centro de Día do Grove

Fecha: 2018-08-09

A enorme listaxe de informes solicitados para a confirmación do Plan Especial, preciso para poñer en marcha a construción desta infraestrutura, séguese confirmando como innecesario.

 

A Xunta de Galicia respondeu á solicitude do Concello do Grove de aprobación do Plan Especial do Centro de Día e Centro de Saúde case ao límite do prazo dispoñible para que se pronunciase, esixindo unha inxente listaxe de informes sectoriais, permisos e documentación. Trátase de documentos innecesarios, como se vén demostrando, que o único que están conseguindo é alongar os prazos para que se poida comezar coa construción do Centro de Día, unha das infraestruturas máis necesarias para a localidade.

 

Ademais de solicitar un informe sobre o POL (elemento que fora posto como desculpa polo Partido Popular no anterior mandato para botar abaixo o Plan Especial) que foi respondido indicando a non necesidade deste, esta semana o Concello acaba de recibir a comunicación de Costas –a Xunta tamén esixía este informe– no que se indica que “la actuación se ubica fuera del dominio público maritimo-terrestre”, feito que calquera persoa podía coñecer e que o “Servicio de Costas nada tiene que objetar a la realización de dicha obra”.

 

Deste xeito, a Xunta de Galicia ten somerxendo ao Concello do Grove nun burato administrativo que o único que está conseguindo é frear a construción dunha infraestrutura para a que xa se dispón de terreos e financiamento, sendo este na súa totalidade por conta do Concello do Grove. Desde o Concello do Grove esíxeselle á Xunta que acelere os trámites e tome conciencia do prexuízo que está a provocar nos veciños e veciñas do Grove a utilización política da Administración autonómica.