O Concello do Grove organiza un concurso de chapas para promover o uso do galego entre a mocidade
Fecha: 2018-09-21
Poderá participar o alumnado dos últimos cursos de ESO e de bacharelato.
Cos deseños gañadores faranse chapas para a súa distribuirán gratuíta.
O Concello do Grove puxo en marcha esta semana o concurso de chapas Engánchate ao Galego, cuxo principal obxectivo é fomentar o uso do noso idioma entre a mocidade, nomeadamente, entre a xente nova, difundindo, asemade, mensaxes positivas en favor da lingua propia dun xeito lúdico, orixinal e creativo.
Poderán participar nesta actividade de dinamización lingüística as alumnas e os alumnos de 3º e 4º de educación secundaria obrigatoria (ESO) e de bacharelato dos centros públicos de ensino do Grove, para o cal deberán presentar os seus traballos no seu propio centro educativo, nas bibliotecas públicas municipais ou a través do enderezo electrónico do SNL (normalizacionlinguistica@concellodogrove.es) ata as 14.00 h do luns 8 o de outubro de 2018.
Como premio, os que resulten gañadores recibirán cadanseu bono-agasallo para cambiar por libros ou material audiovisual en galego nunha librería do Grove. Ademais, o Concello do Grove fará unha tiraxe de 600 chapas cos tres deseños gañadores para seren repartidos entre a comunidade educativa local. Finalizado o concurso, todos os deseños presentados formarán parte dunha exposición.
As bases do concurso pódense ver na páxina web municipal (www.concellodogrove.es) e no Facebook do SNL (www.facebook.com/snlconcellodogrove).