Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Festa de San Martiño queda aprazada por mor das malas previsións meteorolóxicas

Fecha: 2018-11-08

 

A alerta meteorolóxica prevista para esta fin de semana recomenda agardar para celebrar as actividades previstas.

 

A Comisión da Festa de San Martiño vén de informar do aprazamento das celebracións previstas para este fin de semana ante as malas previsións en canto ao tempo. Deste xeito, agárdase que as actividades poidan ter lugar na seguinte fin de semana, se o tempo o permite. Desde o Concello do Grove mantense contacto directo e colaboración con este colectivo para que todo poida transcorrer con normalidade a pesar do cambio orixinado pola vaga de mal tempo.

 

Agradécese a colaboración dos medios de comunicación e dos veciños e veciñas para informar deste cambio e das novas datas que se anunciarán coa maior brevidade posible.