O Concello do Grove ofrece un obradoiro de xoguetes tradicionais
Fecha: 2018-11-08
A actividade celebrarase na Escola Infantil do Monte da Vila no mes de decembro.
O Concello do Grove informa da celebración dun obradoiro de xoguetes tradicionais que se desenvolve dentro do programa “Tecendo Lazos” da Deputación de Pontevedra. Esta actividade está dirixida a persoas de entre 6 e 99 anos, tendo preferencia as que formen parte da mesma familia, se inscriban xuntas e pertenzan a distintas xeracións (netas e netos, avoas e avós, fillas e fillos, nais e pais…). As nenas e nenos de menos de 12 anos deberán acudir sempre en compañía dunha persoa adulta e entre 12 e 17 precisan do consentimento escrito do nai, pai, titora ou titor.
A actividade terá lugar os días 10, 14, 17,19 e 21 de decembro de 17.00 a 21.00 horas nas instalacións da Escola Infantil do Monte da vila. Para inscribirse tan só é preciso cubrir a solicitude e presentar unha fotocopia do DNI na Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), situada no segundo andar da Casa do Concello. O prazo de presentación remata o 29 de novembro.
Documentación paraa presentar:
- modelo de solicitude
- fotocopia de DNI
- autorización materna/paterna (nos casos indicados).