Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha a mellora da vía de Beiramar que permitirá o dobre sentido na zona do Corgo

Fecha: 2018-11-20

 

As obras comezaron esta semana e prolongaranse ata o vindeiro mes. O custo desta actuación ascende a 160.000 euros, con cargo ao Plan Concellos da Deputación de Pontevedra.

 

Esta semana comezaron as obras de mellora da avenida de Beiramar no tramo que transcorre fronte á confraría de pescadores e que consistirán no desdobramento da vía para a circulación en dobre sentido e a adecuada humanización da zona. Contando xa co plan definitivo desta [ver o plano] a mellora desta rúa permitirá que conte con tres lombos en distintas zonas e unha plataforma elevada que unirá a praza do Corgo coa rúa Alcalde Xacobe Barral Otero compoñendo unha senda peonil desde o centro do Grove ata este punto.

 

Debe terse en conta que precisamente este desdobramento é un dos puntos clave do bo funcionamento da humanización das rúas do centro urbano, ao tempo que permite acometer melloras de accesibilidade para que todo este espazo cumpra cos requisitos adecuados, como as beirrarúas de 2 metros de ancho. A transformación desta zona tamén suporá o cambio do aparcadoiro en batería que existe nalgunhas zonas a aparcadoiro en liña na totalidade.

 

O proxecto previsto tamén recolle a pre-instalación dun punto de carga de coches eléctricos que poderá ser operativo no futuro. O dito punto situarase nas proximidades da confraría de pescadores e supón un exemplo máis da perspectiva do Concello do Grove de realizar obras contando co desenvolvemento futuro da vila e non só mellorando o aspecto externo das rúas.

 

O prazo de execución desta obra remata o 31 de decembro e poden producirse cortes puntuais de tráfico durante o seu desenvolvemento. Manterase información constante sobre a evolución das obras a través da redes sociais e dos medios de comunicación, agradecendo a comprensión dos veciños e veciñas durante este período polos inconvenientes que poida causar unha obra tan necesaria.