Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove propón novas actuacións con cargo ao préstamo municipal

Fecha: 2018-11-20

 

A Comisión Extraordinaria de Contas que tivo lugar onte foi o primeiro paso dos trámites para adxudicar 100.000 euros.

 

O Concello do Grove solicitou o pasado ano un préstamo de 1.500.000 euros para completar o orzamento necesario para a construción do Auditorio e Escola de Música. Grazas ao plan de reaxuste da Deputación de Pontevedra estes fondos puideron ser destinados a outras actuacións e obras, entre as que se atopaban 450.000 euros apra a humanización do primeiro tramo da rúa Alexandre Bóveda. Finalmente o IDAE concedeu unha axuda de 101.462,75 para ese mesmo fin, polo que agora é necesario destinar esa contía a outras actuacións.

 

O trámite para facer ese cambio supón a súa aprobación no Pleno da corporación. Deste xeito, onte desenvolvéronse as correspondentes comisións para iniciar o trámite. A proposta presentada polo Goberno consiste en destinar estes fondos a dúas actuacións. A primeira delas é o acondicionamento do parque das Vesadas coa construción dunha pista deportiva de cemento puído, a mellora de toda a contorna e das beirarrúas entre o colexio do barrio de Ardia e a zona do parque. A esta actuación destinaranse 50.731,37 euros.

 

Unha cantidade semellante foi a achegada para a mellora do abastecementos (auga, saneamento e pluviais) na avenida de Beiramar, nunha actuación que supón tan só unha das fases que se aplicarán a esta avenida ,onde se realizará o desdobramento desde a Fonte dos Caballos ata a saída da rúa Castelao. O cambio deberá ser aprobado no Pleno que terá lugar o vindeiro martes 27 de novembro ás 20.00 horas.