O Concello do Grove organiza un obradoiro de iniciación ao modelado 3D con ZBrush Speed Sculpt para a mocidade
Fecha: 2019-01-24
O obradoiro estará impartido polo grovense Anxo Rodríguez Domínguez.
Desenvolverase os sábados 2 e 9 de febreiro en horario de 10:30 a 13:30 h na Biblioteca Municipal do Grove.
O Concello do Grove pon en marcha unha novidosa iniciativa dirixida á mocidade a partir de 14 anos, trátase dun obradoiro de “Iniciación ao modelado 3D co programa ZBrush Speed Sculpt”.
O obradoiro, que consta de dúas sesións, estará impartidos polo grovense Anxo Rodríguez Domínguez e desenvolverase na biblioteca municipal do Grove os sábados 2 e 9 de febreiro.
Durante a primeira xornada Anxo realizará unha introdución ao que é o 3D, as súas saídas laborais no campo dos videoxogos, deseño, publicidade, animación e cine... así como unha introdución ao programa que van utilizar, ZBrush. A segunda xornada será totalmente práctica, orientada á utilización do programa e á creación de deseños.
A actividade é gratuíta, pero as prazas son limitadas, polo que todas e todos os que queiran asistir deberán facer a súa inscrición no teléfono 986 732 341, no correo electrónico biblioteca@concellodogrove.es ou por privado ao Facebook da biblioteca.