Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

A Biblioteca Municipal do Grove volve ao Monte da Vila o venres 1 de febreiro pola tarde

Fecha: 2019-01-31

 

O servizo permanecerá pechado o venres pola mañá para facilitar o traslado

 

A Biblioteca Municipal do Grove volverá a prestar os servizos no Monte da Vila a partir do venres 1 de febreiro pola tarde. Pola mañá permanecerá pechada para proceder ao traslado do material e ordenación das salas.

 

A caldeira de gasóleo foi substituída por dúas caldeiras de gas propano, así mesmo procedeuse á instalación dun depósito para o gas e á construción dun recinto valado para garantir a seguridade, polo que os trámites se demoraron no tempo.

 

Desde o Concello queremos pedirlles desculpas a todas as usuarias e usuarios da biblioteca polas molestias ocasionadas durante este tempo.