Charla informativa sobre os programas Galeuropa e Iniciativa Xove
Fecha: 2019-02-11
A OMIX informa dunha charla informativa sobre dous programas dirixidos á mocidade. Terá lugar o vindeiro luns 18 de febreiro ás 5 da tarde na Sala das Cunchas da Casa do Concello.
Trátase, por unha banda, do Programa GALEUROPA de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, cuxo obxectivo principal é reforzar a empregabilidade e as competencias profesionais co resultado final de mellorar a formación e a adquisición de experiencia para a inserción laboral.
Pola outra, falarase sobre Iniciativa Xove, programa que consiste en axudas económicas para a posta en marcha de iniciativas xuvenís, entendidas estas como proxectos liderados pola mocidade de Galicia, que se desenvolvan durante o ano 2019, e nos cales as persoas novas sexan as verdadeiras protagonistas, que participarán activamente na planificación e na realización das actividades deseñadas por elas mesmas.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 4 de marzo de 2019.
Estas axudas, que poden chegar ata os 5.000 € poden ser solicitadas por:
- Grupos informais de mozos e mozas que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. Deberán estar formados por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos, debidamente identificados. Unha destas persoas asumirá o papel de representante único do grupo e con poderes suficientes para cumprir as obrigas que, como beneficiario, lle corresponden ao grupo. Será obrigatorio que o grupo teña unha denominación que o identifique.
- Asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións.
Máis información na web: xuventude.xunta.es e na OMIX do Concello do Grove (2.º andar da Casa do Concello). Tel.: 986 730 609. omix@concellodogrove.es