O Concello do Grove realiza novas reparacións nos colexios públicos municipais
Fecha: 2019-02-11
O Concello mantén fondos estables que se adican, ano a ano, a melloras nos centros públicos.
O alcalde e os concelleiros do Goberno revisaron esta mañá as obras de reparación do muro da ala norte que linda co pavillón de deporte do Colexio de Conmeniño. Trátase dunha obra que tivo que ser realizada tras a súa caída logo dos temporais deste inverno e que supuxo a construción dun novo muro cunha mellor fixación e coa incorporación dun valado metálico. A reparación tivo un custo de 4700 euros, sufragados integramente con orzamentos municipais, dentro dos fondos destinados ás melloras dos centros de ensino, que contaron nestes anos con notables recursos.
A visita tamén foi aproveitada para manter unha reunión coa dirección do centro, abordando unha serie de obras de mellora, como poden ser o cambio de fiestras e, prioritariamente, as portas de acceso ao colexio, xa que se atopan en moi mal estado. Ambas as cuestión serán valoradas e acometidas en breve, xa que se lles pode facer fronte cos orzamentos municipais actuais.