Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

Servizo de autobuses para a Festa do Marisco

Fecha: 2010-10-01

 

O Concello do Grove habilitará o aparcadoiro da Lanzada para que o usen os visitantes á Festa do Marisco. Co fin de facilitarlles os desprazamentos ata o recinto feiral, poranse á súa disposición varios microbuses para facer os traslados desde o aparcadoiro do Vao ata a estación de autobuses.

 

Este servizo estará en funcionamento esta fin de semana e repetirase os próximos días 9,10 e 12. Este sábado o horario dos microbuses será de 11.00 da mañá a 12.00 da noite, cunha frecuencia dun microbús cada media hora en ambos os sentidos.