Esta web utiliza cookies de terceros con el fin de mejorar el servicio web. Podrá obtener más información consultando nuestra Aviso sobre cookies.
ACEPTAR

O Concello do Grove pon en marcha a V Bienal do Simposio de Escultura ao Aire Libre que se celebrará na Festa do Marisco

Fecha: 2019-02-18

 

A Xunta de Goberno Local aprobou a pasada semana as bases que rexerán o desenvolvemento desta importante cita artística internacional.

 

O Concello do Grove está a pór en marcha unha nova edición da exitosa Bienal do Simposio de Escultura ao aire libre. Como vén sendo habitual, esta cita artística coincidirá coa celebración da Festa do Marisco e terá como punto de referencia o paseo de Beiramar, onde as escultoras e os escultores seleccionados desenvolverán o seu traballo. A duración do simposio estenderase dende o 20 de setembro ao 13 de outubro, a súa inauguración será o 20 de setembro ás 18.00 horas e a entrega de premios desenvolverase coincidindo coa Gala dos Premios Centola de Ouro.

 

O Simposio está aberto a todas e todos os artistas do mundo e, de feito, as últimas edicións téñense caracterizado pola proposta chegadas de todas as partes do planeta (ata Australia e Nova Zelanda). Cada participante poderá presentar unha obra á selección previa. O xurado, composto por artistas e críticos de arte de referencia, seleccionará as tres finalistas que serán esculpidas en granito cunhas dimensións máximas de 1,80 x 1,80 x 0,50 metros. Inda que cada participante empregará as súas propias ferramentas, o Concello achega os materiais e moitos dos servizos que son necesarios para a realización da obra.

 

Aínda que a liberdade artística é completa en canto á temática, non se poderán pintar o granito nin cubrilo doutros materiais. As obras resultantes, que pasarán a ser propiedade do Concello do Grove, optarán a tres premios, de 1.500, 900 e 500 euros, respectivamente. O Concello tamén se fai cargo dos gastos de estadía e manutención das e dos artistas durante o período de duración do concurso. O prazo de presentación de solicitudes para participar manterase aberto ata o próximo 3 de xuño ás 14.00 horas.